PMS · Channel manager · Motor de reservas · Revenue

OKmystay, a solución integral para o teu hotel, complexo ou apartamentos turísticos

Automatiza o ciclo enteiro dunha reserva: o prezo, a notificación ao hóspede, o check-in co seu parte ao SES Hospedajes, o cobro, a entrada sen chaves e, tras o checkout, as grazas e a reseña. Todo sen que ti teñas que facer nada.

Panel de OKmystay co planning de reservas, as estatísticas de partes enviados ao SES Hospedajes e a app do hóspede no móbil
Parte aceptado polo MIR SES Hospedajes · hai 2 min
24 entradas hoxe Check-in en liña completado
01

Un calendario e as túas OTA

Dispoñibilidade e prezos nun único lugar. O channel manager encárgase de publicalos nas OTA, e o motor de reservas da servizo a túa web. Os prezos móvense noite a noite segundo diferentes parámetros.

02

Comunicación directa co hospede

Tan pronto como se confirma a reserva o chatBot envíalle un enlace ao hospede para que faga o check-in, acepte as políticas, pague, vexa como se chega e onde aparcar, vexa o wifi e encargue os extras que lle apeteza... todo no seu idioma.

03

Módulos: unha solución para cada problema

Unha reserva arrastra traballo que non se ve. Hai que mandar o parte de viaxeiros, a factura con Verifactu, repartir os pisos que se limpan mañá... Todo está integrado, e iso facilita moito as cousas.

A reserva, a protagonista

A vida dunha reserva

Unha reserva pasa por moitos momentos, desde que fixaches o seu prezo ata que se emite a súa factura. Abre cada paso e comproba qué fai OKmystay por ti.

1

O prezo axústase automaticamente

Prezos e restricións dinámicas, coas túas propias regras

Hortensia

A túa tarifa aplícase noite a noite coas túas regras: temporadas, antelación e a túa propia ocupación. Entran reservas e o prezo vaise axustando en tempo real. Ata o mínimo de noites é dinámico. E cada cambio publícase ao momento nas túas canles de venda.

2

As reservas entran ao instante

Channel manager e motor de reservas integrados

El PMS Canales de venta

Das principais OTA a través do channel manager, ou vía o noso propio motor de reservas: cada reserva chega co seu hóspede, as súas datas e todo o demais. E é cando empeza o bo...

3

O chatBot envía a primeira mensaxe de WhatsApp

Atención por WhatsApp con IA, 24/7 e no seu idioma

Margarita

Nada máis confirmarse a reserva, o chatbot Margarita lle envía a ligazón ao seu panel e o que ten pendente: check-in, pago, aceptación das distintas políticas, termos e condicións. Se algo se queda sen facer, llo recorda. E se o hospede pregunta ás dúas da madrugada, lle contesta.

4

O hóspede xa ten o panel da súa reserva

Panel web, sen descargas nin instalación nin permisos ou contrasinais...

Rosa

Abre a ligazón e vai a Rosa, o panel da súa reserva que lle mostra a conta atrás para o check-in, as súas datas, os seus pagos pendentes. Todo o que necesita para poder entrar na propiedade. Toda a información útil para durante a súa estadía.

5

Ninguén entra sen facer o checkin-online

O parte de viaxeiros (checkin-online) envíase ao momento a SES Hospedajes

Rosa Tulipán

O seu propio panel empúxao a facelo. As funcións intelixentes de Tulipán facilitan o recheo rápido do formulario. As validacións avanzadas garantizan a aceptación á primeira do 99% dos envíos. Asinado o check-in, o parte comunícase ao SES Hospedajes sen que ninguén teclee nada (RD 933/2021).

6

O hóspede paga no teu propio TPV

Pago seguro, cumprindo PSD2

Dalia

O hóspede paga desde o panel da súa reserva, a través do teu TPV virtual (CECA, Redsys) ou Stripe. Pagos seguros coa autenticación reforzada da normativa PSD2, e o diñeiro dispoñible na túa conta ao día seguinte. Esquece os cobros manuais vía "key entry", fonte de mil problemas e limitacións. E tranquilo, se o hóspede ten importes pendentes de pago, o control de accesos (Azucena) bloquéalle a entrada.

7

O hóspede compra, págache e o provedor encárgase

Venda de extras desde o panel, con cobro ao momento

Girasol Rosa

Todo aloxamento ten unha serie de extras: desde que a reserva existe é momento de promocionalos e darlle ao hóspede a facilidade de contratalos. Desde a entrada temperá, pasando polo aparcadoiro ou calquera extra dispoñible, ata a saída tardía ou o traslado ao aeroporto. Con Girasol o hóspede estará puntualmente informado de cada cousa e poderá adquirila directa e facilmente. Ti cobras, e o provedor recibe o pedido no seu propio panel para xestionalo.

8

Abre co seu móbil sen entrega de chaves

Control de accesos con pechaduras de varios fabricantes

Azucena

Á hora do check-in, e só se non lle queda nada pendente, o hóspede abre o portal, a porta ou o garaxe desde o seu panel. Se a pechadura falla, ten o seu PIN de apoio. E cada código caduca só ao rematar a estadía, sen que ninguén teña que ir cambialo.

9

Xa está dentro e non che pregunta nada

Toda a información do aloxamento e da zona, no seu panel

Rosa

As normas da casa, onde aparcar, o wifi co seu QR, como funciona o jacuzzi ou onde están os cubertos, coa súa foto. E a guía da zona co que ti recomendas, non o que diga TripAdvisor. Todo está no seu panel antes de que se lle ocorra preguntalo.

10

Se soa o teléfono xa sabes quen é

Os teus hóspedes, na axenda do móbil que xa usas

Lila

Cada hóspede entra só nos teus contactos co seu nome, o seu aloxamento e as súas datas. Así, cando chama, a pantalla diche quen é, onde está e cando entra, antes de descolgar. Sen abrir ningún panel, sen pedirlle o localizador.

11

Reserva unha masaxe e acende a lavadora

Servizos con hora reservada e máquinas que arrancan ao pagar

Amapola Girasol Rosa

Durante a estadía tamén se vende: unha masaxe, a pista de pádel, o jacuzzi ou a barbacoa, coa súa hora reservada e o profesional avisado. E cando paga a lavadora desde o seu panel, a lavadora arranca. Sen fichas, sen moedas, sen que ninguén baixe a poñela en marcha.

12

Cada limpeza co seu informe e a súa valoración

Fotos, tempos e produtos da limpeza, e a opinión de quen durmiu alí

Rosa Margarita Camelia Jazmín

Cada limpeza deixa o seu informe: quen a fixo, canto tardou, as tarefas que foi marcando unha a unha, os produtos que gastou e as fotos do piso xa listo. Ao entrar, o hóspede valora con estrelas como o atopou, e pode engadir un comentario, unha foto ou un vídeo. Se algo non cadra, ves ao instante quen limpou iso e como o deixou. E se o que aparece é unha avaría, a IA clasifícaa e asígnaa ao técnico con menos carga.

13

As facturas emítense soas

Facturación Verifactu, na AEAT en tempo real

Orquídea

Ao hóspede emíteselle a súa factura simplificada sen que ti fagas nada. Se pide a nominativa, solicítaa desde o seu panel cos seus datos fiscais e emítese a nova. Todas saen co seu QR e a súa pegada encadeada, e chegan á AEAT no momento, cumprindo a Lei Antifraude. E non só as das túas reservas: se queres, Orquídea emite toda a facturación do teu negocio, tomando os datos de onde xa os teñas.

14

O propietario veo sen chamarte

Panel propio coas súas reservas e os seus ingresos en tempo real

Lirio

Cada propietario entra no seu panel e ve o que pasa nos seus aloxamentos: quen chega esta semana, canto leva ingresado, como vai o mes comparado co ano pasado. Pode exportar as súas reservas para a xestoría e ver o mesmo panel que recibe o seu hóspede.

Módulos OKmystay

Cada módulo resolve un problema

Comunicación co hospede, o seu panel, apertura sen chaves, experiencias, tenda, parte de viaxeiros, limpeza, control horario, incidencias, prezos dinamicos, cobros, facturacion e panel do propietario. Un modulo para cada momento do aluguel turistico.

Co hóspede

Bot de WhatsApp con IA

Margarita

O teu bot de WhatsApp con IA. Margarita axuda aos teus hóspedes as 24 horas do día, os 7 días da semana, no seu idioma. Se aínda non hai ningunha reserva, mostra a dispoñibilidade e explica o teu aloxamento. Se xa hai unha reserva, responde ás preguntas e guía aos hóspedes durante a súa estadía.

Máis información

Panel de hospede

Rosa

O panel privado do teu hóspede. Rosa lle da check-in online, apertura de portas, instrucións para chegar, pagos seguros, venda cruzada de servizos e comunicación contigo - todo desde un único enlace que non precisa instalar nada.

Máis información

Parte de viaxeiros ao SES

Tulipán

O rexistro de hóspedes con SES Hospedajes é automático. Tulipán recompila os datos de check-in en liña e envíaos ao Sistema de Rexistro de Aloxamentos do Ministerio do Interior sen que teñas que facer nada.

Máis información

Pagos seguros

Dalia

Pagos seguros cumprindo a normativa PSD2 Europea. Dalia cobra o importe do aloxamento, a taxa turística, os extras... con TPV -Redsys, CECA- ou Stripe. A sincronización automática con Azucena (Control de accesos) bloquea o acceso ao aloxamento se hai importes pendentes.

Máis información

Apertura sen chaves

Azucena

O control de accesos físicos, unificado. Azucena abre portais, pechaduras e garaxe desde unha soa cola, e dá a cada reserva un código temporal. O teu hóspede entra sen necesidade de chave física; as limpadoras, tamén.

Máis información

Reserva de experiencias

Amapola

O motor de reservas de experiencias e actividades. Masaxes, pistas de pádel, o xacuzzi, a barbacoa - o teu hóspede reserva, paga e a reserva queda feita.

Máis información

Tenda do hóspede

Girasol

A tenda de cada aloxamento. Girasol vende extras ao teu hóspede -almorzo, traslados, late check-out, un detalle de bienvenida, etc.- con cobro ao momento, e enruta ao provedor correspondente.

Máis información
Na operación

Xestión de limpezas

Jazmín

O módulo de limpeza. Jazmín asigna pisos ás limpadoras, controla tempos por servizo, rexistra os consumibles gastados co seu importe e deixa fotos e observacións de cada limpeza.

Máis información

Facturación Verifactu

Orquídea

Facturación que cumpre a Lei Antifraude (Verifactu). Orquídea emite a factura con QR verificable e a envía á AEAT, ao hospede e á túa gestoría. Todo automático e en tempo real.

Máis información

Control horario

Clavel

O control horario do teu equipo. Ficha a xornada desde o móbil, cun botón e un cronómetro, e ten o rexistro que esixe o RD-ley 8/2019 selado e listo para a gestoría.

Máis información

Xestión de incidencias

Camelia

A xestión de incidencias con intelixencia artificial. O hóspede, a limpadora ou o teu equipo reporta unha avaría ou incidencia con foto, Camelia clasifícaa e asígnaa automaticamente.

Máis información
O teu negocio

Prezos dinámicos

Hortensia

O prezo de cada noite, coas túas regras. Hortensia parte dos teus prezos base e axústaos por temporada, día da semana ou duración da estadía — e, se llo pides, tamén segundo a antelación coa que che reserven e como se vaia enchendo a túa zona, entre o chan e o teito que marques ti.

Máis información

Panel do propietario

Lirio

O panel do anfitrión. Lirio é a xanela que teñen os teus anfitriós ás reservas, ingresos e previsión de peche de cada propiedade. As súas propiedades transparentes e en tempo real.

Máis información
A axenda intelixente

Soa o teléfono. Antes de descolgar xa sabes se é urxente

O teléfono dos teus hospedes entra só na axenda do teu móbil, coa reserva escrita no nome. Cando un chama non ves un número descoñecido: ves quén é, onde está e cando entra.

  • Luis Como se chama. Descolgas cun «ola, Luis» e a chamada xa empeza noutro sitio.
  • Ribeira O piso no que está aloxado. Aforras o «en cal?».
  • 170726 O día que entra, sae ou estivo pola última vez.
  • 2n Cantas noites queda.
  • P3 C1 A súa historia contigo: cantas veces reservou e como rematou cada reserva. Sabes se é a primeira vez ou se é recurrente.

Data de entrada, saída ou última visita

A data che di se é urxente ou se lle devolvés a chamada cando poidas. Se entra hoxe é distinto a se entra nunha semana.

Todos os detalles nos datos de contacto

Datas, datos, estados, importes e ligazóns directas á ficha do hospede e da súa reserva: todo a un clic.

E cando a reserva pasa, bórrase só

Entran sós e saen sós. A túa axenda non se converte nun cemiterio de hóspedes de hai tres anos.

E non hai que entrar en ningún sitio: funciona sobre a axenda que xa usas, así que o ves no móbil, no coche e no reloxo sen abrir nada noso.

Verticais á medida

O teu aloxamento pode dar para máis.

O negocio non sempre remata nas camas. Co mesmo motor -control de accesos, cobros, etc.- implementamos verticais a medida: un ingreso paralelo para o teu aloxamento.

Pared de taquillas de consigna con lockers numerados — instalación real de Boxbagend

Taquillas

Consigna de equipaxe por horas. O cliente reserva a súa taquilla online, paga e ábrela desde o panel da súa reserva. Sen personal, sen chaves e sen esperas.

Velo en marcha
Dos lavadoras self-service en una lavandería de alojamiento turístico

Lavandaría

Lavadoras e secadoras self-service. O hospede compra tempo ou créditos desde o móbil, e a máquina arranca soa: Sen fichas, sen recepción.

Números dos últimos meses

+30.200
reservas xestionadas
+2.763.000
euros cobrados
+110.300
aperturas xestionadas
Prezos

Prezos públicos. Calcula o teu

Dúas formas de pagar: unha porcentaxe sobre o que ingresas, ou unha cota polos módulos que uses. Pon os teus números e queda coa que che saia máis barata.

Todo á vista

Cada módulo co seu prezo posto. Sen comerciais, sen tarifa oculta e sen «pídenos orzamento».

Fai ti as contas

Pos as túas unidades, o teu prezo por noite e a túa ocupación, e ves as dúas modalidades ao momento.

Sen sorpresas

Pagas só polos módulos que acendes, e a porcentaxe nunca pasa dun teito anual que coñeces antes de asinar.

O panel de xestión

O panel desde o que o levas todo

Catro sitios onde mirar: o día a día, os cartos, a túa xente e os teus hóspedes.

O día a díaO que miras cada mañá
  • Planning de ocupación. Todos os teus aloxamentos e todas as canles nunha liña de tempo.
  • Cabos soltos. O que quedou sen facer, á vista. Ti só tocas as excepcións.
  • Entradas e saídas do día. Quen chega, quen marcha e que lle falta a cada un.
  • Almorzos para cociña. A comanda do día lista para imprimir, fóra de WhatsApp.
Os cartosCobrar, devolver e facturar
  • Cobros automáticos. Cada importe cóbrase cando toca, sen que persigas a ninguén.
  • Devolucións con dobre confirmación. Devólvese o que é, e queda rexistrado quen o autorizou.
  • Facturación Verifactu. Emitida, asinada e na AEAT, co seu cadro de mando.
  • Prezos e promocións. As túas tarifas, as túas regras e os teus códigos promocionais.
A túa xenteQuen fai que, e con que permisos
  • Limpeza e rexistro de xornada. O reparto do día, o informe de cada servizo e o fichaxe legal.
  • Permisos por persoa. Cada un entra e ve só o seu.
  • Varias marcas, un selector. Xestiona todas as túas empresas sen cambiar de sistema.
  • Auditoría e notas. Quen fixo que e cando, en todos os roles. E as túas notas, ligadas á reserva, ao aloxamento ou á persoa da que falan.
O teu hóspede, máis alá da estadíaQue volva, e que traia a alguén
  • Email marketing de verdade. O que farías co máis famoso software de email marketing, pero sen exportar nada: os teus hospedes xa están dentro, cos filtros das súas reservas. Decenas de miles de envíos, coas túas plantillas.
  • Fidelización. Os seus puntos, visibles no seu panel, agardando por el para a próxima.
  • Novidades con proba A/B. Sabes que oferta converte no panel do hóspede, non o supós.
  • O que lle contas. Recomendacións, información do aloxamento e políticas, nun só sitio.

O panel de administración está feito para favorecer a velocidade de operación, en cada recuncho do mesmo hai un clic aforrado, unha (i) con mil explicacións e unha axuda que responde mediante IA.

A proba

Queres velo?

Accede ao noso Hotel OKMS Demo: proba a conversar co noso chatBot Margarita para a dispoñibilidade, e fai unha reserva para poder ver o guest panel Rosa en acción.

WhatsApp con Margarita

¿Queres reservar? Pregúntalle que datas ten libres, canto custa unha noite, etc. E se xa tes unha reserva confirmada, te axuda con ela.

Escribir ao chatbot por WhatsApp

Vete directo ao `Hotel OKMS Demo`

Reserva unha noite como o faría un hóspede teu. Recibes o teu panel, fas o check-in, pagas, abres a porta e pides un extra. Complétalo todo, pero nada se dispara.

Ir ao hotel demo

Aproveita esta oportunidade, e non perdas detalle de como se poden xestionar as reservas dun Hotel OKMS

A letra pequena, que aquí non hai ningunha
  • O parte non se comunica ao SES Hospedajes: o sistema fai o percorrido completo, pero non sae nada cara ao Ministerio.
  • O TPV non cobra de verdade, e nunca che pedimos unha tarxeta real. Usa esta de proba:
Tarxeta de proba
4242  4242  4242  4242
Caduca08/32 CVV442
  • O teu teléfono é para a proba e para esa chamada. Para nada máis.
  • A reserva de proba é dunha noite e bórrase soa ao rematar.
Ecosistema

Integracións

Estamos integrados con...

Pechaduras
Medios de pagamento
Administración
Outros

Recibe novedades de OKmystay

Novas funcionalidades, novas tecnoloxías, cambios de normativa e consellos e tips para o teu aloxamento.