Asistencia
24/7

Se necesitas algo, contéstache quen pode resolvelo.

Tickets para o que pode esperar. WhatsApp para o urxente. E para o urxente e importante, teléfono 24/7.

01

Básica · 0 €

Abres un ticket desde o panel e respondémosche como moi tarde en 48 horas. Cada ticket queda co seu historial, así que nunca hai que volver contar o problema desde o principio. Incluída en todas as contas.

02

Standard · 0,95 €/unidade ao mes

Todo o de Básica, máis un WhatsApp directo connosco, con resposta como moi tarde en 2 horas. Para o urxente: un cobro que non cadra, unha reserva que non entra, un hóspede que non atopa o código.

03

Premium · 2,95 €/unidade ao mes

Todo o de Standard, máis teléfono 24/7. Para cando prefires explicalo falando e resolvelo na mesma chamada.

O teléfono 24/7 é do nivel Premium. O teu primeiro mes telo incluído, sexa cal sexa o teu nivel. En Básica e Standard, se en status.okmystay.com sae en vermello algo de OKmystay, ou a páxina non carga, tamén tes un teléfono de urxencias 24/7, na axuda do panel.

Que nivel necesita a túa operación?

Cóntanos cantas unidades xestionas e quen atende hoxe as urxencias. Dicímosche que nivel te cobre e canto custa cos teus números.

mail@okmystay.com