Prezos dinámicos · Revenue

Xa sabes como queres mover os teus prezos. Aquí tes os mandos.

Presentámosche a Hortensia.

Hortensia é o módulo de prezos de OKmystay. Escribes a túa tarifa tal como a tes na cabeza —o que vale cada zona e cada propiedade, as túas temporadas, os días que se pagan máis— e o motor aplícaa a cada noite de cada reserva. Se ademais queres que reaccione á antelación ou a como se vai enchendo a túa zona, pídeselle; os límites márcalos ti.

Quero unha demo

Como funciona

1

Describes a túa tarifa unha vez

Un prezo base para toda a empresa, outro para unha zona, outro para unha propiedade concreta: gaña sempre o máis concreto, así que só escribes as excepcións. Enriba, as túas temporadas e os teus días fortes.

2

O motor cotiza noite a noite

Cada noite da estadía pasa polas túas regras e sae co seu prezo, aínda que a reserva cruce dúas temporadas. E é un único prezo: o mesmo que ve o hóspede, o que cobra a pasarela e o que responde o bot de WhatsApp.

3

E dicheche por que

O probador ensínache o desagregado de cada noite —de que base sae, que axuste a tocou e en canto a deixou— e o calendario do ano pinta as túas regras día a día. Antes de publicar nada, ves o que vai cobrar.

Por que esta noite vale isto
161,50 €
Base Prezo base da propiedade 190,00 €
Ocupación A túa zona está baleira esa noite: -15 % −28,50 €
Rede Chan e teito: dentro do que permitiches sen tocar
Total O que se cobra por esa noite 161,50 €

Un exemplo. Cada venda garda o seu desagregado, así que esta mesma resposta téla meses despois.

O que describe a túa tarifa

A parte que di canto vale cada noite e en que condicións se pode reservar. Vén co panel. Ademais do calendario anual e do probador, podes sacar unha propiedade ou unhas datas concretas dun axuste sen duplicar media tarifa para conseguilo.

Un prezo por ámbito, e gaña o máis concreto

Pos o prezo de toda a empresa, o dunha zona e o dunha propiedade solta. Manda o máis concreto, así que a casa cara non che obriga a escribir unha tarifa enteira só para ela.

Temporadas que se repiten soas

Unha temporada escríbese unha vez e vale todos os anos, mesmo se cruza o fin de ano como a do Nadal. Para o que só pasa este ano —unha ponte, unha feira— pos a data co seu ano e xa está.

Un prezo pechado cando mandas ti

Fixas un prezo para unhas datas e ese prezo manda sobre todo o demais: nin temporadas nin axustes o tocan. Para unha promoción ou unha ponte que queres vender a un número exacto, sen desmontar a tarifa.

Fins de semana e estadías longas

Venres e sábado un 20 % máis caros: unha regra. A partir de sete noites, un 10 % menos en toda a estadía: outra. As condicións que xa aplicas cando che chaman, escritas unha vez e aplicadas sempre.

Mínimos de noites e días pechados

Mínimo e máximo de noites, e días pechados a chegadas ou a saídas —«no verán só se entra en sábado»—. Para ti son un aviso, porque por teléfono mandas ti; para a venda automática son firmes.

Suplemento por hóspede, por tramos

O prezo cobre uns hóspedes e a partir de aí cobras por persoa e noite, co importe que decidas en cada tramo. Súmase ao final, enriba do prezo da propiedade.

Hortensia PRO: regras que reaccionan

Ata aquí, a tarifa cambia cando a cambias ti. Con PRO podes escribir regras que ademais reaccionan a dúas cousas que se moven pola súa conta: canto falta para a data e como se está enchendo a túa zona. As condicións e os límites seguen sendo teus; o que cambia é que non fai falta que esteas diante. É a parte que se contrata á parte.

Prezo segundo a antelación

Un oco a tres días vista non vale o mesmo que esa noite pedida con seis meses. Baixas para encher o que quedaría baleiro, ou premias a quen reserva cedo. Decídelo ti por tramos de días.

Prezo segundo como se enche a túa zona

A mesma noite sobe cando a túa zona se está enchendo e baixa cando está baleira. O sinal son os teus propios aloxamentos comparables —os desa localidade e dese tipo—, e recalcúlase cada día, así que a tarifa móvese a medida que entran reservas.

Un chan e un teito que non se saltan

Ningún automatismo entra sen freo. Pos o mínimo e o máximo por noite e aí acaba a discusión: ningunha combinación de regras pode publicar un prezo que ti non terías posto, nin na semana máis floxa do ano.

A sétima noite, de balde

Desconto por tramos de noite, non sobre a estadía enteira: cada noite paga o seu e a que ti digas sae de balde. A oferta de sempre, sen calculala a man cada vez.

Probar o futuro antes de que chegue

O probador avanzado move a data desde a que cotizas: «canto valería esta ponte se ma pedisen mañá? e dentro de dous meses?». Ves todas as túas propiedades á vez e cambias os mandos ata entendelo.

Por que Hortensia e non unha ferramenta solta

Un só prezo, de punta a punta

O prezo que calcula o motor é o que cobra a pasarela, o que responde o bot de WhatsApp e o que vende a escapada de última hora. Non hai tres ferramentas de tres provedores que sincronizar, nin unha segunda lista de prezos que manter o día que publiques nun portal.

Cada venda garda por que custou iso

Ao pechar unha reserva gárdase o seu desagregado: de que base saíu, que axustes a tocaron e con que ocupación se cotizou. Seis meses despois podes responder «por que esta noite se vendeu a 161,50?» sen reconstruír nada de memoria.

Regras que entendes, non unha caixa negra

Mentres escribes unha regra, o formulario válaa lendo: «baixa un 10 %, cando falten dez días ou menos, en toda a empresa». Sabes exactamente que vai facer antes de gardala, e pódesllela ensinar tal cal a quen colle o teléfono.

Ti pos as regras e os límites. Hortensia aplícaas todas as noites, en todas as túas propiedades, e ensínache o resultado antes de que o vexa ninguén.

Falemos da túa tarifa

Cóntanos cantas propiedades levas e como decides hoxe o prezo dunha noite. Ensinámosche como quedaría escrita en Hortensia, que faría coas túas regras e que non vai facer nunca sen que llo pidas.

mail@okmystay.com